Agora doume canta do pouço que aprendín
Naquel curso distante na néboa de Lisboa,
Nos tempos en que , mozos, podíamos pensar
Que la vida era mais longa, que todo tardaría,
E os meses camiñaban, solemnes , de vagar,
Sen outra dilixencia que musica e o río.
Vivir era daquela tan grato e pracenteiro...
Erguerse de mañá, Cultura Portuguesa,
Despois Literatura, Gramática, Cinema,
Á tarde un percorrido por bares e tabernas,
A música do fado....
E todo a unha distancia exótica e miuda,
Brasil, O Miño e Goa nun mesmo percorrido.
Mais tanta foi a presa, os libros, o camiño,
As noites e a súa cinza de fumes, de tabaco,
Que sinto ter errado de xeito tan palmario
Os rumbos, o destino, o ton desa elexia
Que nunca che escribín
Lisboa, monamour,
Infame capital.
Contemplo agora a tarde es into que ese mar
Deitado na distancia non é mais ca unha sombra
Que gardo no interior
Neobenta lagoa que acaso algún navío
Precipite atravesa
E que eu sigo a fender con lágrimas o rio
Chorando por non terte chorado o suficiente.
Manuel Forcadela
és un poeta gallec
de
Tomiño, Pontevedra
i
Lisboa
és un poema
del poemari
Refutación da Musa
Ana Moura
és una
cantant portuguesa
de
Santarém
i
Rumo ao sul
és una cançó del disc
Leva-me aos fados
Cap comentari:
Publica un comentari a l'entrada